miércoles, 28 de febrero de 2018





INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE FEBREIRO

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DA ACdC DE APOIO A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO DE 2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O vindeiro 8 de Marzo, día Internacional da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral das mulleres ao longo e ancho da nosa xeografía
Unha convocatoria de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sufrimos máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.
Unha folga feminista contra un sistema capitalista e patriarcal que permite que as desigualdades estruturais que padecemos as mulleres estean alcanzado tales niveis de gravidade e de tal dimensión, que fai ineludible tomar as rúas, as institucións e os centros de traballo para demostrar que sen nosoutras o mundo párase.
Un mundo cuxo funcionamento, datos e prácticas nos engloba e debúxanos nestes escenarios:
    En todo o mundo, as mulleres gañamos só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballos de igual valor.
      
    No Estado español, o traballo dedicado polas mulleres aos fogares, ao coidado e á reprodución alcanza o 53 % do PIB, o que significa que o Estado fai recaer nas mulleres gran parte do que debería estar atendido a través dos servizos públicos.
    
    En Galicia a fenda salarial entre mulleres e homes sitúase nun 22,1%, onde ademáis a maioría de mulleres con emprego sitúanse nos tramos salariais máis baixos. Os últimos datos así nolo presentan, o 36,34% das mulleres asalariadas teñen ingresos iguais ou inferiores do salario mínimo interprofesional. É a chamada pobreza salarial, mulleres pobres con emprego.
   
      A práctica da interrupción voluntaria do embarazo non está garantida para todas as mulleres. 
     
     A lexislación existente permite que a clase médica máis reaccionaria poida negarse a realizar o IVE nos centros sanitarios públicos e que o código penal siga contemplando o aborto como un delito.
       A misoxinia percorre a cultura e a ciencia en todos os seus ámbitos. Na arte, na literatura, no cine, nas matemáticas, na bioloxía, na inxeniería ou arquitectura, as mulleres apenas existen. Esta invisibilización conleva que as mulleres non aparezan na narración da Historia e que todas as súas achegas seguen a ser totalmente ignoradas.
    
      As agresións sexuais e as violacións, nalgúns casos, pasaron de ser actos criminais individuais a formas grupais cada vez máis presentes.
       Os continuos asasinatos de mulleres, que deben traducirse nun rexeitamento frontal a esta inaceptable realidade, que consolide a construción dunha cultura anti patriarcal para erradicar esta violencia sistémica da vida das mulleres.
      
      A notoria expansión que está adquirindo o debate e a demanda dos ventres/úteros de aluguer, non o esquezamos de mulleres pobres, que son quen se ven obrigadas a esta forma de explotación capitalista e patriarcal.
   
   Os milleiros de mulleres e nenas traficadas para consumo sexual dos homes e a súa irrefutable conexión coa “industria do sexo” e a prostitución.

      Por estas e moitas máis razóns  o Concello de Cambre apoia a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada con grandes mobilizacións ao longo de todo o país, onde as mulleres tomarán as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que transformalo cambiando os seus modelos patriarcales por modelos de igualdade, xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.
      
       Por iso é polo que o Concello de Cambre comprométese a:
      
      -Apoiar a Folga Xeral das Mulleres, facilitando o seu desenvolvemento nesta Corporación.

    
    -Facilitar con todos os medios materiais, persoais e de difusión as manifestacións, concentracións, actividades e actos que convoquen as asociacións de mulleres no 8 de marzo.
       
     - Enarborar a bandeira feminista no Concello como símbolo de apoio á loita das mulleres.
                           


ROGOS:


1.- O problema para dotar a parroquia de Cela de terreos para infraestructuras de ocio e lecer, foi e segue sendo un tema recurrente en esta e en anteriores lexislaturas. Recentemente os medios de comunicación informaban da adquisición dos mencionados terreos.

-PREGAMOS nos informen do proceso de compra e do proxecto encargado polo concello.

2.- Nas dúas anteriores lexislaturas teñense presentado en distintos plenos iniciativas para instar a que se promovesen as medidas necesarias ó fin de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso termo municipal.
Por facer un pouco de historia, queremos recordar que as arcas do concello deixaron de ingresar no ano 2007 a cantidade de 168.848 euros correspondente o Imposto de Bens Inmobles, e nos periodos de 2005 a 2008, deixouse de percibir 805.649,36 euros en concepto de IBI, como consecuencia da bonificación do 95% aplicado a prol de AUDASA; por outra banda, esta empresa  obtivo nos últimos cinco anos un beneficio neto de 186 millóns de euros.
Tendo en conta o anterior, o noso Grupo PREGA  nos informen da situación actual en relación a reclamación do IBI a AUDASA, e si ten presentado ou pensa presentar denuncia ante a Unión Europea para que  esixa o Estado español  adapte  a normativa comunitaria,  como ten feito algún concello do entorno afectado por este problema.

3.- Recentemente vimos de coñecer unha denuncia da Asociación Animalista Libera, pola que tivo que denunciar ante a Xunta de Galicia a existencia dun can encadeado no noso Concello. A propia Asociación criticou a actuación do Goberno Local de Cambre, pola súa ausencia de resposta ante esta situación actualmente penada pola nova Lei de Benestar Animal.
PREGAMOS se informe polo Goberno Municipal sobre o relato dos feitos, as actuacións levadas a cabo e o protocolo de actuación previsto para detectar e erradicar este tipo de casos e situacións.



PREGUNTAS:

1.- Ante a continua lacra dos desafiuzamentos, dos que veciños do noso Concello non están exentos,
¿Pensa o Goberno  estudar medidas a nivel municipal, creando unha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados, veciños e outras organización sociais coñecedoras da problemática?
2.- Un dos pasos de peóns  que supón un elevado perigo de accidentes, é o ubicado preto a entrada da urbanización da Barcala.
Xa temos manifestado noutras ocasións este problema que a día de hoxe segue sen ter unha solución axeitada. Entende o noso grupo que unha das  características básicas que deben ter tódolos pasos de peóns, é unha correcta visibilidade na súa ubicación, podendo dotalo de luminarias verticais ou outros elementos accesorios como balizas de sinalización, etc; tamén cabe a posibilidade de facer un estudo para plantexarse cambiar o seu emplazamento para aumentar e garantir unha maior seguridade .
Por este motivo PREGUNTAMOS si teñen pensado actuar neste punto problemático.

3.- No camiño que transcorre dende  Armental a Fabas,  a  maleza e árbores descasan enriba dos cables do tendido  de  telefonía  con risco de roturas e os conseguintes  problemas derivados da situación. Este problema existe en varios puntos do concello, un deles e o denunciado ante  noso grupo no lugar de Cepal en Anceis.
¿Poden informarnos si realizaron algunha xestión o respecto sobre o problema en xeral, e sobre os  problemas sinalados  na PREGUNTA?

                      Cambre a   19  de  febreiro de 2018


Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 



sábado, 24 de febrero de 2018




Consigue el Certificado de Vida laboral en un minuto (un enlace para guardar)

Sigue los pasos que te indica este enlace y podrás acceder en un minuto a tu Vida laboral.
El  certificado de vida laboral actualizado nos es exigido cada vez que tenemos que solicitar alguna ayuda, beca, cambio de colegio o cualquier simple trámite la administración pública, y en algunos casos pueden tardar días e incluso semanas en conseguirse.
Afortunadamente muchas cosas ya las podemos resolver a través de Internet y solucionar el papeleo en pocos días.
Uno de los documentos es el Certificado de Vida Laboral.  Normalmente se debe pedir cita previa en la oficina de la Seguridad Social más cercana o por Internet para que nos lo envien al domicilio, y suele tardar aproximadamente una semana.
Pero hay otra forma de conseguir este certificado en un minuto. Aquí os damos los pasos que debeís seguir:
  1. Accedeís desde un PC a la Sede Electrónica de la Seguridad  Social.
2. Una vez dentro aparecen una serie de pestañas en la parte superior de la página. Seleccionamos “Ciudadanos”
3. Entramos y seleccionamos el informe que deseamos, en este caso el Informe de Vida Laboral.
4. Pinchamos en “Servicio vía SMS” y “Acceso al servicio”  y rellenamos los campos que solicitan: DNI, Número de Afiliación a la Seguridad Social , fecha de nacimiento y número de móvil.
5. En nuestro Teléfono móvil recibiremoso inmediatamente un SMS que deberemos introducir en la pantalla siguiente en el apartado “Introduzca su contraseña” y “Aceptar”.
Una vez hecho esto tendremos el certíficado listo para imprimir y en un minuto.
Eso sí, estos datos deben ser actuales, ya que si, por ejemplo, hemos cambiado de móvil o domicilio y no lo hemos notificado a la Seguridad Social no nos servirá.
@Trucosdemamás
Hoxe estivemos no Parlamento de Galicia, na homenaxe ás máis de 190 vítimas galegas do "Fascismo e do holocausto, porque a memoria debe estar presente para evitar que a historia se repita.

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas de pie

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas de pie

La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, sombrero


La imagen puede contener: 16 personas, personas sonriendo, personas de pie

#CoFeminismoNosTalónsEva Solla Fernández e Raquel Bernárdez apoian a folga do #8M e presentan os actos de @EsquerdaUnida contra a fenda salarial, pola abolición da prostitución e para desmontar o amor romántico.

La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo


No hay texto alternativo automático disponible.


La imagen puede contener: 2 personas

lunes, 19 de febrero de 2018

A área da Muller de Esquerda Unida fai un
chamamento para participar na #FolgaFeminista #HuelgaFeminista, porque sobran os motivos! Este #8M todas paramos e... se paramos párase o mundo! 
Vémonos nas rúas! 

 

jueves, 15 de febrero de 2018

miércoles, 14 de febrero de 2018


Aprobada no Congreso a iniciativa para a recuperación para o público das autopistas de peaxe


photo5771471929201503672
A iniciativa saiu adiante con 178 votos a favor  e 160 abstencións.
“O rescate das radiais é unha estafa, rescatamos co público, co diñeiro de todas para acabar regalándolle aos corruptores do PP”, denunciou Yolanda Díaz.

Madrid, 13 de febreiro de 2017. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este martes no pleno a iniciativa do grupo confederal relativa á recuperación para o público das autopistas de peaxe.
“É unha anomalía que existan dous modelos: un que busca blindar os intereses privados e outro que aposta polo dereito á mobilidade. Este último é ao que temos que atender”, sinalou a deputada.
A iniciativa aprobouse cos votos a favor de En Marea e o grupo Confederal, do PSOE, PNV, ERC, PdCat e Compromís, e coa abstención de Ciudadanos e do Partido Popular.
Díaz pediu que defendamos o interese público e o ben común: “a cidadanía está farta do saqueo. O PP rescata con diñeiro público para regalar os beneficios ás empresas privadas. Son piratas do público”.
Ante esta situación, a deputada insistiu en que as autoestradas son un negocio “moi suculento”, dado que a AP9 ten uns beneficios do 50% cando a media da industria española é do 7%”.
Con esta iniciativa, apróbase manter no sector público as 9 autopistas quebradas e rescatadas con diñeiro público, renunciando de forma explícita a volver privatizalas e dando marcha atrás nos pasos que xa se deron para volver a adxundicalas ao sector privado, polo que se pide que se “paralice de inmediato o procedemento de licitación dos contratos de servicios para a realización dalgunhas das actividades preparatorias necesarias para volver a privatizar estas vías”.
Ademais, acordase que non se poden ampliar os períodos de ningunha concesión das actuais autopistas de peaxe a medida que vaian alcanzando o final do período concesional nos próximos anos, de tal xeito que a súa explotación se realice de xeito directo polo sector público, comezando polas que rematan entre 2018 e 2021.
“Esta iniciativa é transversal, fala das autónomas, das traballadoras, das ecoloxistas, transportistas, consumidoras…a xente dos nosos pobos e cidades. Cómpre rescatar as autoestradas para o público para garantir o dereito á mobilidade e o respecto ao medio ambiente”, concluiu a parlamentar.

martes, 13 de febrero de 2018

domingo, 11 de febrero de 2018

A igrexa non paga

Non hay dúas sin tres, queremos recordar a primeira.
Fai 145 anos (11 de febreiro de 1873) proclamouse a Primeira República Española. Seguiremos camiñando con paso firme hacia a Terceira.

Saúde e República.





                          


miércoles, 7 de febrero de 2018

Información
Esquerda Unida organiza o vindeiro xoves 15 de febreiro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Areal (Rúa Oporto,1) de Vigo, o coloquio que leva por título “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”. 


Este acto contará coa presencia de Carlos Sánchez Mato, economista, concelleiro de Ahora Madrid e Responsable de Políticas Económicas de IU; María Cadaval, economista e profesora da USC, Albino Prada, economista e profesor da UVIGO, Manuel Lago, Economista e deputado de En Marea e Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.

                   La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, texto

lunes, 5 de febrero de 2018

ONTE EN COSPOSTELA, EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA E DE CALIDADE.

                           La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, árbol, cielo y exterior

                           La imagen puede contener: 3 personas, multitud y exterior


                           La imagen puede contener: una o varias personas y exterior


                           La imagen puede contener: una persona, cielo y exterior

                            La imagen puede contener: 7 personas, personas caminando, personas de pie, multitud y exterior




                            La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior


                             La imagen puede contener: 4 personas, exterior

                             La imagen puede contener: 7 personas, multitud y exterior
                           

sábado, 3 de febrero de 2018

IU traslada su “total apoyo” a la Marea Blanca Estatal en las movilizaciones previstas para mañana “en defensa de la Sanidad Pública, Universal y de Calidad”

Esta formación explica que “vamos a profundizar en la relación con la Marea Blanca, iniciada hace años, para coordinar de forma más efectiva propuestas que garanticen ese derecho sin excepción ni exclusión”, así como “nuestro compromiso real para trasladar sus aportaciones a las distintas instituciones de ámbito estatal, autonómico y local en las que estamos representados”
Izquierda Unida traslada su “total apoyo” a la Marea Blanca Estatal en las nuevas movilizaciones previstas para mañana sábado, día 3, “en defensa de la Sanidad Pública, Universal y de Calidad”. De la misma forma, esta formación, a través de su grupo de trabajo de Sanidad, explica que “recogemos la totalidad de sus aportaciones y propuestas. Seguiremos defendiendo conjuntamente que se garantice el derecho a la protección de la salud de la ciudadanía en todo el Estado y que es responsabilidad de las distintas administraciones públicas disponer los recursos necesarios para que todo ello se haga al máximo nivel”.
IU expone que “desde nuestra formación vamos a profundizar en la relación con la Marea Blanca, iniciado hace años, para coordinar de forma más efectiva propuestas que garanticen ese derecho sin excepción ni exclusión”.
“Para ello -se detalla desde la formación que coordina Alberto Garzón-, debemos disponer de un sistema de salud de tipo federal, totalmente público, tanto en la gestión como en la provisión de servicios, de cobertura universal, bien financiado y sin repagos que limiten ese derecho a las clases populares. Además, debe estar integrado por profesionales públicos con condiciones laborales dignas y con los máximos niveles de calidad científico-técnica, humana y sin sesgos de género”.
Izquierda Unida considera “imprescindible” que, además de seguir reclamando la “derogación” del artículo 90 de la Ley General de Sanidad de 1986 y la Ley 15/1997 sobre habilitación de nuevas formas de gestión del Sistema Nacional de Salud, “se garantice por ley de forma explícita la imposibilidad de privatizar servicios. Resulta igualmente prioritaria la derogación del Real Decreto 16/2012 que ha acabado con la universalidad del sistema y también con su accesibilidad a través de los repagos”.
Esta formación reitera, además, su “compromiso real para trasladar las aportaciones de la Marea Blanca a las distintas instituciones de ámbito estatal, autonómico y local en las que estamos representados”.