viernes, 1 de diciembre de 2017

                        

Iniciativas do Grupo Municipal da "ACdC" ao pleno do mes de novembro

MOCIÓN 25 DE NOVEMBRO 2017,
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
           
MOCIÓN 25 DE NOVEMBRO 2017,
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
XUSTIFICACIÓN:
O movemento feminista e as organizacións de mulleres viñeron demandando dende sempre que as violencias de xénero, non só sexan unha prioridade política a nivel do Estado, senón que ademais esta se aborde dende todos os ámbitos. Cando dicimos que a violencia de xénero é unha lacra que atravesa a sociedade en todas as súas estruturas, estamos expresando que a violencia machista non se erradica unicamente a través de medidas que se limiten a encarar a violencia no ámbito das relacións de parella/exparella, senón de forma verdadeiramente integral, facendo fronte a unhas estruturas patriarcais arraigadas aínda na sociedade.
E para iso é fundamental facer políticas de prevención, sensibilización e detección, que englobe a violencia contra as mulleres de forma integral, que partan da orixe estrutural da violencia e que sexan capaces de detectar as diferentes formas de expresión da violencia machista.
A violencia machista que perpetra centos de asasinatos de mulleres, é a xpresión violenta máis detectable; e fronte a iso temos que manifestar con nitidez, que é responsabilidade da sociedade no seu conxunto, facendo fincapé en que si non se encara a violencia patriarcal en todas as súas vertentes, os asasinatos seguirán producíndose. Temos que concienciarnos de que se isto ocorre é porque a violencia patriarcal percorre toda a sociedade e debemos poñerlle freo de inmediato, a todas e cada as formas nas que se expresa esa violencia.
Non podemos consentir que no século XXI, existan escravas traficadas para consumo sexual dos homes. A prostitución é unha forma lexitimadora da violencia machista, pois o xénero masculino aluga o uso do corpo de mulleres e nenas, por
prezo, dando con iso lexitimación á consideración da muller como un ser inferior susceptible de ser usado e comprado.
A brecha salarial existente entre mulleres e homes en traballos de igual valor, é a fórmula que o Estado opresor ten de manifestar que para el seguimos sendo cidadás de segunda clase e o xeito de contrarrestar a nosa saída ao espazo laboral condicionando a nosa autonomía económica para manternos subordinadas.
As agresións sexuais, nalgúns casos, pasaron de ser actos criminais individuais a formas grupais cada vez máis presentes nas nosas festas e outros acontecementos masivos.
A notoria expansión que está adquirindo a demanda de aluguer dos ventres de mulleres, non o esquezamos, mulleres pobres, non só ten un significado ostentoso de diferenza de clase e xenófobo, senón tamén de que o patriarcado, cada vez con menos escrúpulos, pretende mercadear legalmente cos nosos corpos, valéndose da necesidade e amparándose na desigualdade.
O Pacto de Estado contra a violencia, por desgraza, ten defraudado as expectativas que gran número de colectivos e organizacións de mulleres tiñan postas na súa elaboración. Foi só unha posta en escena, con medidas, que en demasiadas ocasións, son recopilación das que xa están recollidas en normativas previas e vixentes.
Non existen compromisos temporais, nin orzamentos desglosados que permitan coñecer o seu destino, nin garantías de implementación e, por suposto deixa fóra outra vez a totalidade das formas de violencias que son realizadas por agresores que non teñen ou tiveron unha relación de parella coa muller.
Se non damos o paso cara a unha Lei marco contra a violencia Machista, contra a violencia Patriarcal, seguiremos limitando a violencia de xénero a delitos cometidos no ámbito doméstico, e de forma residual delitos sexuais cometidos no ámbito tamén público e delitos transnacionais ligados ás mafias que teñen por obxecto a Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. Pero iso xa son delitos.
A violencia de xénero móstrase en todas as estruturas sociais por iso o Goberno/ os Gobernos non poden seguir arrinconando a violencia ao ámbito do privado e das relacións, porque a violencia machista é unha violencia social que se expresa de forma individual e colectiva; e, polo tanto, non se poden dar respostas unicamente dende o ámbito penal, senón fundamentalmente no da prevención e a educación.
Por todo elo é necesaria unha Lei contra a Violencia Machista/Violencia Patriarcal que de forma integral incorpore todo tipo de violencia contra as mulleres; xa se realice de forma física, psicolóxica, económica, sexual,...; e calquera que sexa o seu ámbito de manifestación: familiar, parella/relación, laboral, social, institucional,...; na que debe incluírse especificamente actuacións dirixidas a situacións de especial
vulnerabilidade.
O ámbito municipal máis próximo á cidadanía, é o marco idóneo para implantar medidas, que sen pasar os ámbitos competenciais, poden incidir de xeito decisivo na vida das mulleres e dar unha mensaxe clara e contundente contra a violencia de xénero.
Por iso é polo que o Pleno do Concello de CAMBRE comprométese a dar cumplimento ós seguintes acordos:
• A realizar unha Declaración de Municipio libre de violencia de xénero; que é unha primeira medida do rexeitamento frontal cara a esa lacra social.

Evidentemente dita declaración non pode quedarse nunha declaración formal, debe ter unha dimensión real e cuantificable que se concrete en propostas adecuadamente orzamentadas.

• A implantar un protocolo de actuación contra a violencia no seo do Concello.
• A reforzar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, poñendo especial atención a mulleres migrantes e en situación de especial vulnerabilidade.
• A implantar un Plan pola igualdade e contra a violencia de xénero, en coordinación con outras administracións públicas, consensuado co movemento feminista e de mulleres, que teña como obxectivo o desenvolvemento das medidas contempladas orzamentariamente e que sexa evaluable anualmente.
• A desenvolver políticas encamiñadas á abolición da prostitución, como forma extrema de violencia de xénero. Executando políticas activas para erradicar todas as formas que teña relación coa explotación sexual; con especial atención ás ordenanzas de publicidade e todas aquelas que de forma directa ou indirecta permitan ou faciliten o desenvolvemento de actividades encamiñadas a devandita explotación.
• A eliminar a publicidade discriminatoria ou denigrante das mulleres, ben desde os soportes, publicacións ou transportes públicos (marquesiñas, autobuses taxis, guías, ou información turística,...) ben non contratando con medios privados que
a manteñan ou potencien.
• A supresión na programación de festas e na axenda cultural de aqueles espectáculos que fomenten un uso estereotipado e sexista das mulleres.
• A implantar actividades escolares complementarias con formulacións que potencien valores non sexistas contrarios a calquera tipo de discriminación.
MOCIÓN SOBRE A SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE DAS PERSOAS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
As persoas con discapacidade conforman un grupo vulnerable e numeroso, o modo de extructuración e funcionamento da sociedade incidiu negativamente en conocidas condicións de exclusión. Este feito ten comportado a restricción dos seus
dereitos básicos e libertades condicionando ou obstaculizando o seu desenrolo persoal, así como o disfrute dos recursos e servizos dispoñibles para toda a poboación e a posibilidade de contribuir coas suas capacidades o progreso da sociedade.
Son moitos anos de loita os que levan distintas Asociacións para eliminar todo tipo de barreiras que impiden o desenrolo normalizado das persoas con algún tipo de diversidade funcional, xa sexa física ou sensorial. Non basta con adaptar escaleiras ou rampas; tamén se trata de facilitar o entendemento de sinalización mediante pictogramas e lectura fácil.
Eliminar as barreiras cognitivas a través de pictogramas nas instalación e edificios públicos para garantir a comprensión e accesibilidade das persoas con discapacidad en lugares como bibliotecas, centros deportivos, etc, debería ser unha
actuación prioritaria para o noso concello, tratase de de unha cuestión de sensibilidade social básica e consideramos, que debe realizarse dun xeito preferente.
Paralelamente as persoas que utilizan habitualmente pictogramas, estos apoios visuais tamén favorecen a orientación e comprensión do entorno a outros colectivos do concello como poden ser as personas de idade avanzada ou inmigrantes que non seipan comunicarse oralmente por problemas lingüísticos.
Entende o noso Grupo, que unha sociedade inclusiva pasa pola eliminación de todo tipo de barreiras que entorpezcan a plena realización de cada un dos individuos que a compoñen, sendo as barreiras comunicativas un mais dos retos a superar na súa consecución.
POR TODO O EXPOSTO ISTE GRUPO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO DO
CONCELLO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS.
PRIMEIRO.- Que se poña en marcha un plan de sinalización mediante pictogramas nos edificios públicos do concello para facilitar a súa identificación as persoas con discapacidade intelectual.
SEGUNDO.- No mesmo sentido ofrecer as distintas Asociacións e Identidades privadas a posibilidade de sumarse a presente iniciativa, facilitandolles toda a información e as correspondentes placas para instalar nas fachadas dos establecementos.
TERCEIRO.- Realizar unha campaña informativa da implantación de pictogramas no conxunto do concello, co obxecto de visibilizar esta característica como un ben que simbolice a diversidade da nosa sociedade, explicando a súa utilidade e as características das persoas que os utilizan na súa vida diaria.

ROGOS:

1.- Veciños da rúa Socampo puxeron en coñecemento do noso Grupo o deterioro do vial identificado co número 00066 no inventario de camiños municipal, incluido as cunetas, tubaxe de recollida de augas pluviales e do propio saneamento de vivendas, este feito ten o seu orixe na circulación de camións de gran tonelaxe e transporte de madeira.
Este problema foi posto en coñecemento da Policia Local, tendo en conta que o camiño esta limitado e debidamente sinalizado para transportes de menos de 12 Tm, e según informacións dos afectados circulan camións de mais do dobre de tonelaxe.
-PREGAMOS nos informen si teñen adoptado ou previsto adoptar algún tipo de medidas, ante este feito.
2.- Unha das estradas mais perigrosas do concello é a estrada da Deputación CP.- 1707, o reducido ancho onde difícilmente se cruzan dous vehículos, non permite a circulación de peóns en condicións optimas de seguridade, cuestión esta que priva os veciños trasladarse a pé pola marxe do vial, ou polo contrario arriscar as súas vidas nos desplazamentos andando polas cunetas.
O noso Grupo municipal considera que os veciños de Armental ou outros afectados por este problema deben ter unha respòsta definitiva que poña fin a situación de risco e inseguridade permanente que sofren.
Por este motivo PREGAMOS ao pleno municipal demande da Deputación de A Coruña, como titular desta via, elabore e leve a cabo un proxecto para dotar de beirarrúas ou no seu caso dunha senda peonil, pola marxe esquerda dende Armental o cruce coa estrada AC-214 na Castellana.
3.- Dende a Xunta de Galicia e outras institucións, tanto públicas coma privadas, están facendo campañas informativa respecto o consumo sostible e responsable na utilización racionalizada da auga ante os problemas derivados pola falta de choiva, cuestión que valoramos positivamente e apoiamos.
Entre outras cuestións solicitase a implicación directa dos concellos e por suposto da cidadanía: “A xestión intelixente da auga implica que os concellos teñan que modificar temporalmente algún servizos polo ben de todos”
Todas e todos temos que facer esforzos e facer un consumo sostible deste dereito universal, pero cobrarlle 30 m3 (300 litros) o dia á cidadanía como consumo mínimo, mentres se lle pide que aforre auga é un insulto baixo o noso criterio. Algo terá que facer o Goberno Municipal con respecto a esta desproporción, non é loxico que en moitos fogares, establecementos ou dependencias, se consuman 6m3 de auga o trimestre e se paguen 30, esto, entende o noso Grupo, tamén debería ser modificado na Ordenanza correspondente.
-Por esto, PREGAMOS que no prazo mais breve se proceda a modificar dita Ordenanza, polo motivo exposto neste ROGO

PREGUNTAS:

1.- No cruce da estrada Poligono coa estrada Francisco Añon, atopábase ata fai pouco unha finca privada que vai comenzar obras baixo as correspondentes licenzas e permisos. O problema que ninguén parece que tivo en conta, e mais por estar nas proximidades do Centro de Saúde e o tan problema da accesibilidade. Gustaríame saber se alguén tivo nalgún momento en conta o paso dunha cadeira de rodas ou dunha nai cun carriño de bebe polo que se deixou de beirarrúa.
Dende a ACDC consideramos que o goberno debe velar pola seguridade de todos os cidadans e polo tanto PREGUNTAMOS sobre as medidas necesarias que prevé tomar o equipo de goberno de cara a solucionar este potencial problema que pode ter consecuencias desastrosas.
2.- Veciños da Praza Miguel Angel Blanco teñen denunciado repetidamente a presencia duns depósitos de combustible, dentro do parque infantil. Ante o perigo evidente que conleva este feito PREGUNTAMOS:
¿Que medidas de continxencia ten pensado o goberno local ante calquer problema que xurda nestes depósitos?
3.- Tras unha reunión celebrada recentemente entre membros deste equipo de goberno e pais e nais da Barcala, na que estes requeriron melloras no parque infantil da parte posterior da Rúa Río Mandeo, non temos coñecemento das previsións do goberno respecto a estas peticións.
En visita realizada polo noso grupo municipal ó parque infantil, observamos múltiples deficiencias e anomalías que, incluso, poden ser perigosas para os usuarios do mesmo. O chan de corteza é un foco de infeccións e anidamento de bichos, ademais de provocar polvareda en tempo seco e enchouparse cando chove. A pista de entrada está chea de desperfectos como consecuencia, supoñemos, das fogatas de San Xoan, que provocan o deterioro do firme, atopándose, actualmente nun estado pouco útil para que os cativos corran ou utilicen patíns, bicicletas, ou xoguen cunha pelota.
Detectamos que algúns elementos faltan e non foron substituídos, tales como bancos ou mesas de lecer para pais e adultos que tamén frecuenten o parque. Independentemente da grande inversión prevista para outro dos parques da Barcala, os pais e nais usuarios do parque ó que estamos a facer referencia son moitos e suficientes como para que se
manteña en óptimas condicións de uso. Cómpre recordar a numerosa poboación existente na Barcala, sendo moita dela xoven con fillos pequenos. Non podemos descoidar un parque infantil co pretexto de que se vai a adaptar outro na súa
proximidade. Son moitos os nenos e nenas que usan o parque ó que facemos referencia e pouca o investimento económico necesario para que non quede en desuso.
Fundamentalmente, os pais e nais deste parque requiren dúas actuacións: Subsitución do chan de corteza e arranxo da pista.
¿Pode o Goberno municipal informarnos do compromiso temporal e de actuación que formalizou cos usuarios deste parque en reunión mantida?

Cambre a 27 de Novembro de 2017
Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

No hay comentarios: