martes, 29 de diciembre de 2015


INICIATIVAS DA "AC d C" AO PLENO DE DECEMBRO


MOCION EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


A aprobación da Lei 27/2013 de 27 de decembro de Racionalización e
Sostenibilidade da Administración Local supuxo o maior ataque á autonomía local e á
capacidade de xestión dos concellos de todo o periodo democrático, así como un
intento concreto de eliminar e destruír os servizos sociais municipais. Un ataque que se
resume nunha limitación das competencias municipais, nun intento de control político
das corporacións locais e nun intervencionismo sen precedentes no mundo municipal
por parte do Estado e as CCAA.

Esta Lei, lonxe de avanzar na solución dos problemas endémicos das
corporacións locais centrados no recoñecemento da capacidade de xestión e no
insuficiente financiamento, non fai mais que afondar en ambos, exhibindo un concepto
de Concello que se afasta do modelo constitucional, considerándoo como mero
colaborador subordinado a outras administracións territoriais .

No que respecta ás competencias municipais, elimina gran parte das
posibilidades de actuación dos concellos, dado que por unha banda restrinxe as
competencias propias municipais sobre todo en materia de acción social, educación e
sanidade, e por outro limita case por completo a capacidade para o desenvolvemento
de competencias fóra das expresamente recoñecidas (as chamadas competencias
impropias) tales como mocidade, consumo, fomento empresarial ou cooperación ao
desenvolvemento.

Pero ademais de suscitar un amplo rexeitamento político e social, esta Lei foi
obxecto de numerosos recursos de inconstitucionalidade, pendentes todos eles de
resolución, interpostos por máis de 3.000 concellos que representan a máis de 15
millóns de habitantes utilizando o mecanismo de impugnación previsto na Lei Orgánica
do Tribunal Constitucional baixo a denominación de Conflito en Defensa da Autonomía
Local, polas Comunidades Autónomas de Andalucía, Asturias e Cataluña, así como
pola inmensa maioría da oposición parlamentaria, PSOE e PSC, Izquierda Plural (IUICV-
CHA), CiU, (UPyD), ERC, BNG, Coalición Canaria-Nova Canarias, e Compromís-
Equo. Estes mesmos grupos políticos comprometéronse á derrogación da referida Lei
na vindeira lexislatura.

Na actualidade a incertidume e preocupación polos efectos nocivos desta lei
céntranse nos servizos sociais nos concellos. A nova redacción do artigo 25.2.e da Lei
7/1985, de 2 de Abril, LRBRL sobre as competencias dos concellos, e específicamente
dos Servizos Sociais, sinala que a única competencia propia dos concellos neste ámbito
será:

" a avaliación e información de situacións de necesidade e a atención inmediata
a persoas en situación ou risco de exclusión social".
E unha vez baleirado de contido o Artigo 28 da mesma Lei, establece no novo
artigo 27 que:

" a Administración do Estado e das CCAA poderán delegar nos concellos, entre
outras, a prestación dos servizos sociais."
Polo tanto os Concellos deixamos de ter competencias na prestación destes
servizos básicos aunque moitos deles as seguimos prestando, sin delegación da propia
CCAA e asumindo a meirande parta da súa financiación.
A propia Lei 27/2013, establece na súa Disposición transitoria segunda con
respecto á asunción polas Comunidades Autónomas das competencias relativas a
servizos sociais:

Con data 31 de decembro de 2015, as Comunidades Autónomas asumirán a
titularidad das competencias que se prevían como propias do Concello, relativas
á prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social. As
Comunidades Autónomas asumirán a titularidad destas competencias, con
independencia de que o seu exercicio se veña realizando por Concellos,
Diputacions Provinciais ou entidades equivalentes, ou calquera outra Entidade
Local.

Si na data citada as Comunidades Autónomas non houberen asumido o
desenvolvemento dos servizos da súa competencia prestados polos Concellos,
ou no seu caso, non houberen acordado a súa delegación, os servizos seguirán
prestándose polo concello con cargo á Comunidade Autónoma.

Esta disposición superada en parte pola moratoria do Goberno central e as leis
de adaptación das CCAA, mantén a incerteza e inseguridade con respecto aos
servizos sociais dos municipios, afectando aos traballadores e traballadoras así como
aos usuarios dos servizos, e sobre todo ignoran claramente a necesidade de afrontar
de forma urxente o financiamento deses servizos básicos xa que seguen sendo
competencia das CCAA, pero prestándose polos concellos, sen que exista delegación e
sen o financiamento necesario. É dicir, algo cambia para que todo siga igual,
mantendo un sistema precario, moi debilitado e recortado, ademais de facerlle
depender das convocatorias anuais de subvencións, moi limitadas e condicionadas á
vontade do Goberno de turno.

Recentemente a Asamblea da FEMP aprobou unha resolución esixindo a
ampliación do periodo transitorio de entrada en vigor da Lei, e dende o Consello Xeral
e os Colexios Oficiais de Traballo Social continúase esixindo a supresión da Lei polo
impacto negativo que vai producir na vida cotiá de miles de persoas. O Goberno de
Rajoy non atendeu ningunha destas solicitudes.

Segundo o Consello Xeral de Traballo Social, a Asociación de Directoras e
Xerentes de Servizos Sociais ou as Plataformas en Defensa de Servizos Sociais, de
aplicarse o calendario previsto, a prohibición de que as Entidades Locais sigan
prestando numerosos servizos sociais e a imposibilidad das Comunidades Autónomas
de asumilos, unida a unha situación de inmovilismo, podería provocar a nivel estatal
facer perigar os 3.000 millóns de euros investidos nestas políticas sociais tan necesarias
actualmente, e que se sumarían aos máis de 5.000 millóns que xa recortaron ás
Administracións Públicas nesta materia nos últimos anos.

Só a atención á dependencia e servizos de promoción social que deixan de
considerarse competencias propias dos municipios supoñen 2.348,5 millóns de euros
anuais, e o gasto que realizan os municipios con menos de 20.000 habitantes é de
993,4 millóns de euros.
Constátase a necesidade dos servizos sociais de proximidade prestados polos
concellos tendo en conta os datos de pobreza severa que se manteñen no noso país
no noso Concello.

Por todo o anteriormente exposto, O Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de
Cambre propón ó Pleno a adopción dos seguintes acordos:

PRIMEIRO.- Instar á Xunta de Galicia a garantir a continuidade dos servizos sociais
municipais, así como a súa xestión polos concellos, a partir do 1 de xaneiro de 2015
cun financiamento adecuado.

SEGUNDO.- Remitir o presente acordo á Presidencia do Goberno de España, á
Presidencia e á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.




ROGOS:


1º.- A marquesinha da parada de transporte público situada na estrada AC.- 221 nas
inmediacións do apeadeiro de Cecebre, atópase deteriorada na súa estrutura o que
supón un perigo para as persoas que circulan polo lugar diariamente, ademais de non
cumprir a función para a que foi instalada e dando unha imaxe de abandono.

PREGAMOS o Goberno proceda a realizar as xestións pertinentes para o seu arranxo,
e proceda a sinalizar o lugar mentres non se proceda á súa reparación.

2º.- A seguridade viaria no entorno dos centros educativos e actividades sociais debe
ser unha cuestión prioritaria para o Goberno municipal e o conxunto da Corporación,
sendo a súa responsabilidade tomar medidas preventivas axeitadas que poidan
garantir ou atenuar a seguridad das persoas nos lugares destas infraestructuras.

O paso de peóns ubicado na estrada CP.- 1702 en Sigrás atópase nun cruce
perigoso con moita circulación rodada e peonil, onde existen distintas infraestructuras
municipais (Instituto David Buxán, Polideportivo e protección Civil).

Resulta especialmente denunciable a falta de visibilidade pola noite,
complicandose aínda máis cando chove, e si esto non era suficiente para a
inseguridade vial que desde ACdC denunciamos, atopámonos con que os conductores
cando levan dirección ós Campóns a causa das árbores que quedan a man esquerda
da via, dificúltanlle a visión dos peóns que van cruzar, tendo estes que agardar a ver
que fai o vehículo para decidirse. Si temos en conta a recta que precede en ambas
direccións que en ocasións recolle altas velocidades permitimos suxerirlle ó Concelleiro
responsable que incorpore mecanismos para reducir a velocidade en dito cruce .

Ante as denuncias que nos achegaron á “AcdC” neste senso, sobre todo por
alumnos do propio Instituto, PREGAMOS ó Goberno, que con carácter urxente adopte
as medidas necesarias co fin de acadar unha maior seguridade e reducir o risco
existente na zoa indicada.

3º.- En consonancia co ROGO anterior, no mesmo vial e dirección Cambre a altura
da ponte do río no cruce que nos leva a ponte do ferrocarril da estación de Cambre,
atopámonos cos resquicios do que foi no seu día un paso de peóns hoxe totalmente
borrado, de seguido chegamos a unha curva pronunciada de visibilidade reducida, e
en ningunha das beiras hai beirarrúas, facéndose impracticable especialmente a beira
esquerda tomada por a maleza, non estando debidamente axeitadas para a
circulación das persoas, sobre todo as que circulan en cadeira de rodas, tendo en
conta tamén o tránsito de mozos e mozas que se desplazan diariamente para acudir o
Instituto.

Polo exposto PREGAMOS se elabore un proxecto e se leven a cabo as obras
necesarias para garantir a seguridade en dito lugar e non teñamos que lamentar
ningún accidente con consecuencias graves.


PREGUNTAS:

1.- As fontes do noso concello foron tradicionalmente puntos de gran importancia
para o desenvolvemento das actividades diarias dos cidadáns, conservalas no mellor
estado e unha tarefa necesaria que corresponde o Goberno municipal. Existen en
Cambre aproximadamente 200 elementos en distintos lugares do termo municipal, de
non remedialo e poñer en valor este patrimonio histórico, etnográfico e natural,
estamos condeados a perdelo para sempre.

A fonte de “Maio” en Cela, pode considerarse que se atopa nun estado lamentable
debido ó seu abandono.

¿Ten previsto o Goberno, realizar algún traballo de acondicionamento da fornte
e o seu entorno así como no mesmo senso, das outras fontes do Concello que se atopan
en situacións similares?

2.- Na páxina Web do Concello publícanse as retribucións dos membros da
oposición, información que coidamos de interés para todos os veciños e veciñas do
Concello. Igualmente, e sempre partindo do absoluto respeto á Ley 15/99 de
Protección de Datos, entendemos que igualmente interesante para os veciños é coñecer
a información das percepcións netas do resto de membros do Goberno.

¿Para cando ten previsto o Goberno sumarse á transparencia nas percepcións e
engadir o apartado retributivo mensual dos membros do Goberno?

3.- O pasado 23 de Decembro celebrouse un ágape navideño ó que fomos
convidados os concelleiros, cunha invitación que informaba que dito ágape se ofrecería
a todas as traballadores e traballadoras do Concello con motivo das datas navideñas.
Os membros da ACdC non asistimos a dito ágape polo que preguntamos

¿Poden informarnos do custe e conceptos que asumiu o Concello para a celebración de
dito ágape?


Cambre a 24 de DECEMBRO de 2015

Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son



martes, 22 de diciembre de 2015





Eu Cambre

37 ANOS ESPERANDO..."EN MAREA" GAÑA AS ELECCIÓNS EN CAMBRE


A candidatura "EN MAREA" en Cambre, acadou o segunto mellor resultado da provincia.

O Consello local de EU de Cambre quere agradecer aos 4.497 veciñ@s o apoio dado nas urnas o pasado dia 20 a candidatura “en MAREA”, da que forma parte. Estes resultados poñen de manifestó a necesidade da unidade da esquerda como unha demanda da cidadanía para o cambio político no Pais.

Tamén quere agradecer a militancia e simpatizantes o seu traballo durante os días de campaña, e o propio dia das eleccións nos distintos colexios electorais do concello.
4.497 Gracias!!



viernes, 18 de diciembre de 2015



                                             
                                          EN GALICIA VOTA "EN MAREA"

domingo, 13 de diciembre de 2015

CAMBRE

Asemblea Cidadá de Cambre rechaza la oferta de UxC de entrar en la junta de gobierno

13.12.2015 | 01:58
Asemblea Cidadá de Cambre ha rechazado la oferta del alcalde, Óscar García Patiño (UxC) de formar parte de la Junta de Gobierno Local. La formación sospecha que la oferta del regidor responde únicamente a su interés en "justificar un gobierno sin representatividad".
El grupo cuestiona los argumentos que ha ofrecido el alcalde de incrementar la transparencia y replica que ésta ya está garantizada con la aportación de las actas y que tampoco es precisa a la hora de acordar los contratos menores, ya que puede implantar en su lugar un procedimiento abierto simplificado.
Asemblea tampoco está de acuerdo con el rediseño de las áreas y con la contratación de tres asesores con salarios que rondan los 35.000 euros. La formación acusa al Ejecutivo de pretender convertir el gobierno en "un reducto de cinco concejales con tecnócratas que gobiernen al más puro estilo de la troika" y ve "desmesuradamente sobredimensionadas" las áreas del Ejecutivo. El grupo recuerda además que el alcalde solo dispone de media dedicación y pone en duda que pueda abarcar tantas competencias.

viernes, 11 de diciembre de 2015




                                             ACTO DE "EN MAREA" EN CAMBRE









Enlace permanente de imagen incrustada


















martes, 1 de diciembre de 2015



1 DE DECEMBRO DIA MUNDIAL DE LOITA CONTRA O                                                          SIDA




                





La Voz de Galicia


    Asemblea Cidadá solicita o arranxo de nove camiños municipais

O grupo municipal de Cambre presentou por rexistro unha proposta
 para que se inclúa no plan de actuación da Deputación
REDACCIÓN28 de noviembre de 2015. Actualizado a las 18:20 h. 0
2
0
0
O grupo municipal Asemblea Cidadá de Cambre (ACdC) fixo unha proposta ao goberno local mediante un escrito presentado no rexistro para levar a cabo a pavimentación e arranxo de varios camiños. Esta proposta contempla como primeira medida nove viales en distintas parroquias do concello. Segundo indican, na proposta tense en conta as achegas feitas polos propios veciños para que sexan incluidos neste paquete de camiños nos «proxectos complementarios do PAS 2015 da Deputación provincial con un orzamento aproximado de uns 150.000 euros», que atendendo ao seu estado de deterioro, xustifican «máis que sobradamentea a súa inclusión neste plan de actuación».
Estas actuacións consistirían en paliar, nun primiero momento, o grave deterioro dalgúns viais municipais, a espera de que se consigne unha partida presupostaria nos orzamentos de 2016 onde se contemple un plan de choque para o conxunto das parroquias. Engaden que a rede de camiños públicos do concello constitúe un elemento indispensable para a comunicación entre veciño. «O bo estado na conservación redunda no benestar do conxunto dos ciudadáns, debendo dar unha resposta adecuada a unha demanda social crecente, a mais de contribuír a xestión da conservación do sistema viario municipal», explican. A ACdC considera «impresentable» o estado actual de varios camiños do término municipal, que supoñen vías importantes de conexión entre núcleos de poboación, que na actualidade dificultan o tránsito rodado e peonil.



  A Pena-Souto   (Cela)                                         Púmar Méndez-Freande (Cambre)
 AC-220-Fonde de Amil (Cambre)                 As Gamelas-Seoane (Anceis)


               ESTADO DE ALGÚN DOS CAMIÑOS                    PROPOSTOS PARA O SEU ARRANXO



A Torre  (San Lourenzo)