sábado, 27 de septiembre de 2014

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CATASTRAZO


ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE PRESENTARA A TRAVES DUNHA MOCION UNHA SOLICITUDE PARA QUE O CONCELLO DEVOLVA AS COTAS DO IBI COBRADAS DE XEITO ILEGAL E CONFISCATORIO

O Tribunal Supremo en Sentencia nº 2159-2014 de 30 de Maio de 2014, falla que os solos reclasificados nun Plan de Urbanismos só pagarán IBI urban dende o momento que sobre eles se acorde un plan de actuación concreto; é decir, a mera recalificación xa non é causa de que os solos reclasificados pasen a pagar como urbans, senón cando de xeito efectivo teñan unha perspectiva urban cun Plan de Edificación (mediante a creación dun Plan Parcial ou instrumento equivalente).
        
A Sentencia do TS está abrindo a porta a que os propietarios reclamen agora a devolución do IBI urban cobrado dun xeito que non se corresponde co dictaminado polo TS.
        
Ata o de agora a doctrina da Dirección Xeral do Catastro consistía en que a simple inclusión dun terreo ata entonces rústico nun ámbito sectorizado (destinado a ser urbanizado) é un factor que o reclasifica como solo urban a efectos catastrais. E esto aínda que dito terreo non poida ser urbanizado polo seu dono ó non estar aprobado o instrumento urbanístico (plan parcial) imprescindible para determinar o desenrrolo urbanístico concreto nesa parcela.

Con esta sinxela fórmula, ate o de agora, víanse incrementado, de xeito artificioso e automático o valor catastral dos terreos (a través da aprobación da oportuna ponencia de valores polo Catastro Inmobiliario) e o Concello recaudaba mais pola conversión meramente nominal de solo rústico en urbán.

Existen en Cambre moitas fincas, clasificadas nas Normas Subsidiarias de Planeamento como Suelos Aptos para Urbanizar, que non teñen ningún proxecto de actuación concreto, polo que cos criterios do Tribunal Supremo deberíaselles devolver o IBI cobrado indebidamente. Según o TS para a validez da calificación catastral do solo como urban, é necesario que se aprobara con anterioridade o oportuno plan parcial que estableza as determinacións para o seu desenrrolo, ou que tal instrumento sexa irrelevante porque o propio PXOM prevea a ordenación detallada do solo.

A propia Sentencia indica que cobrar o IBI urbán cando non existen perspectivas de edificación podría considerarse unha confiscación real da propiedade.

 EU de Cambre, en base á citada sentencia e a realidade de moitos  dos terreos en Cambre presentará unha Moción na que, como mínimo:

a.- Esixirá ó Concello de Cambre, en cumplimento da Sentencia do TS, a que se inicien os expedientes necesarios para facer extensivos, e cos informes técnicos oportunos, os criterios para o pago do IBI como rústico sobre os solos clasificados non como urbans senón como urbanizables.

b.- En consecuencia da aplicación da Sentencia, EU solicita a devolución do IBI cobrado como urban sobre fincas calificadas como urbanizables, no caso que así proceda.


viernes, 26 de septiembre de 2014







INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” AO PLENO ORDINARIO E COMISIÓNS INFORMATIVAS  DO MES DE SETEMBRO



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PARA  ADQUIRIR UN TERREO DESTINADO A INFRAESTRUCTURAS DE CARÁCTER RECREATIVO NA PARROQUIA DE CELA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Un elemental principio de equidade obriga as Administracións Públicas a que equilibren mínimamente as dotacións de infraestructuras dos seus distintos territorios, de tal xeito que se eviten discriminacións entre veciños residentes en distintas zonas.

Partindo de tal principio, compre recoñecer que a parroquia de Cela  constitue, na actualidade, unha das zonas mais desfavorecidas no reparto de infraestructuras públicas dentro do noso Concello, o que nos obriga, como representantes veciñais, a levar a cabo unha política solidaria que permita o equilibrio territorial o que antes aludíamos.

Esta carencia resulta especialmente grave tanto para xóvenes como adultos, que non teñen espacio para desenvolver actividades no seu ámbito de residencia que lles permita disfrutar dun lugar de actividades de carácter recreativo.

En repetidas ocasións e a iniciativa de EU, xa teñen xurdido nos debates plenarios a necesidade de dar resposta eficaz a este  problema, alegando os responsables municipais como obstaculo,  a carencia de terreos na zona para poder atender  á cobertura desta necesidade.

Pois ben, dende EU defendemos a posta en valor e uso da parcela ubicada nas inmediacións da Igrexa (Cela), propiedade da Fundación Tenreiro que figura clasificada  nas Normas Subsidiarias de Planeamento como SAU-BD1,  que según informes técnicos existentes no concello, reune as condicións para poder destinala a actividades de carácter recreativo.

Deste xeito, a xuizo do noso Grupo Municipal, a solución pasa por iniciar negociacións urxentes coa propiedade da parcela en cuestión, co fin de estudiar fórmulas de posibles acordos; considerando  dende o noso Grupo que a postura do Goberno   quedaría reforzada si as negociacións quedaran a cargo dunha Comisión integrada por representantes de todos os grupos políticos.

POR TODO O EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:



PRIMEIRO.- Que no ámbito da Comisión Informativa de Obras Servizos e Urbanismo, integrada por representantes de todos os Grupos políticos con representación na Corporación, se inicien  os contactos coa Fundación Tenreiro, co obxetivo de iniciar conversacións para a adquisición dos terreos,  contemplados no apartado quinto da presente Moción.

SEGUNDO.- Rematados os seus  traballos, a Comisión elaborará e presentará un informe ó Pleno Municipa, dando conta dos resultados e propoñendo as medidas axeitadas.

TERCEIRO.- Dar traslado da presente  Moción  a AA.VV, de Pravio-Cela.



 ROGOS:

1.- As fontes do noso concello foron e siguen sendo puntos de gran importancia para o desenvolvemento das actividades diarias dos cidadáns, conservalas no mellor estado e unha tarefa necesaria que corresponde o Goberno municipal.

-PREGAMOS se realicen os traballos necesarios para o acondicionamento da fonte denominada A Fontaiña e o seu entorno, que figura no inventario de bens do concello según datos  adxuntos.




2.- Son varios os veciños e veciñas que en diferentes ocasións se dirixiron ó noso Grupo Municipal para consultar polos criterios de selección que se utilizan para o Obradoiro de Emprego dedicado á Atención Sociosanitaria ou os Cursos de formación municipal para desempregados. Na páxina web do Concello indícase que aquelas persoas interesadas deberanse dirixir á oficina de emprego na que se atopen inscritos e solicitar a participación nestes cursos ou obradoiros.
A cuestión é, que unha vez que o INEM realiza dita selección as persoas que se inscribiron deixan de estar informadas sobre os criterios utilizados para elexir ás persoas seleccionadas, orixinando suspicacias, difíciles de despexar. Coidamos convinte, que dentro da información que o Concello aporta na Web, sería convinte que se engadiran os accesos ou enlaces onde consultar os criterios de selección para que aquelas persoas non elexidas poideran comprobar o baremo utilizado.
PREGAMOS sexa engadida a información completa sobre o proceso de selección realizado tanto nos cursos como obradoiros, nos que non sexa o Concello directamente quen o realice. Asímesmo, pregamos teñan en conta a posibilidade de facer constar as listas de admitidos e excluídos para dar maior transparencia ó proceso de selección.
3.- A estrada que transcurre paralela a autovía A-6 dende  a Costa da Lapa As Tablas, a maleza cubre parte do vial e impide visualizar as sinais de precaución ubicadas na súa marxe, co  risco de perigro para a circulación.

-PREGAMOS, se tomen as medidas correspondentes ante quen proceda  para o seu acondicionamento.

                       
PREGUNTAS:

1.- O Grupo Municipal de EU, ten presentado distintas iniciativas sobre o acondicionamento da finca “Molina” nas inmediacións do concello, e a posibilidade de negociar cos propietarios o seu uso para aparcamento público.
Recentemente  a parcela foi desbrozada polos seus donos coa intención de instalar un valado delimitando a propiedade e  eliminar o aparcamento.
-Pode informarnos o Sr. Alcalde si mantivo algún tipo de conversas ou negociación co fin de seguir utilizando o espacio para servizo de aparcamento dos veciñ@s e do propio concello.


2.-  Non descubrimos ningunha novedade, si afirmamos que dentro do noso territorio municipal existen puntos que  se utilizan como vertedeiros de residuos sólidos de lixo ou de calqueira outro tipo de productos materiais, algúns deles ubicados en zonas urbáns, afeando o entorno e deteriorando o medio  natural.
En este caso veciños do Temple denunciaron o noso Grupo, o depósito de toneladas de escombros nunha parcela situada nas inmediacións da rúas travesía da Igrexa e travesía da Coutelana.  



-Polo anterior PREGUNTAMOS  nos informen sobre   ó mencionado  verquido.

3.- Unha vez mais o noso Grupo PREGUNTA:

-Cando pensa o Goberno repoñer  o cano  da fonte situada  no lugar da Igrexa en Cela.



COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO


1.- O peche de ladrillo en varios baixos da urbanización de A Barcala, presentan un estado de  perigro de desprendemento de materiais a rúa.

-PREGAMOS se realicen as xestións oportunas para correxir a situación.


                                        Setembro de 2014

                                 Asdo: Grupo Municipal

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Vernes 26 de setembro
19:00 horas no Obelisco
Yolanda Díaz
César Santiso
Anxela Lopez
Coordinadora Nacional de EU
Concelleiro da Coruña de EU-Os Verdes
Presidenta VIgalicia,

Oficina de Vida Independente de Galicia

domingo, 21 de septiembre de 2014

CAMBRE

EU propone comprar una finca de los Tenreiro para ubicar un local social

21.09.2014 | 00:59
EU de Cambre urge al Gobierno local a resolver la compra de un terreno destinado a la construcción de un local sociocultural y espacio de recreo en la parroquia de Cela. La agrupación apuesta por comprar una finca de la Fundación Tenreiro y defiende que las negociaciones se realicen a través de la Comisión Informativa de Obras, Servizos e Urbanismo, en la que están representados todos los grupos municipales.
La formación critica el "atraso" en la resolución de la compra de un terreno para un local social, por lo que reclama al Ejecutivo municipal "compromiso" para dotar a Cela de un espacio en el que desarrollar actividades. Formulará su petición a través de una moción en pleno.
EU asegura que el Concello justificó en varios plenos que el local no se llevaba a cabo por la carencia de terrenos en la zona. Ahora sostiene que la parcela de la Fundación Tenreiro, ubicada en las inmediaciones de la iglesia de Cela, "según informes técnicos existentes en el Concello, reúne las condiciones para poder destinarla a actividades de carácter recreativo" y urge a iniciar las negociaciones para estudiar posibles acuerdos.

POLÍTICA

EU de Cambre exige un centro sociocultural en Cela

Plantea una comisión de negociación con representantes de todos los grupos políticos

0 votos
El grupo municipal de Esquerda Unida de Cambre solicitará al gobierno local que resuelva «dunha maneira definitiva» el retraso en la adquisición de un terreno en la parroquia de Cela destinado a la construcción de un centro sociocultural y espacio de recreo para los vecinos.
Plantean además que se forme una comisión integrada por representantes de todos los grupos políticos y que participe en las negociaciones con los propietarios de las parcelas.

viernes, 19 de septiembre de 2014

La Opini&oacuten de A Coru&ntildea
CAMBRE

Augas de Galicia redacta un proyecto para evitar inundaciones en el entorno del Mero

El Gobierno gallego anuncia, preguntado por AGE, reparaciones y acondicionamiento de zonas de baño de A Barcala a Cecebre

19.09.2014 | 00:45
Augas de Galicia trabaja en la redacción de un proyecto para evitar las inundaciones en las márgenes del río Mero y acondicionar zonas de baño. El ente autonómico anunció la iniciativa ayer, en el Parlamento gallego, en respuesta al grupo AGE, que preguntó por la previsión de iniciativas para reparar y acondicionar la zona del río.
El director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, intervino en Comisión Parlamentaria para detallar el proyecto. Las obras incluirán reparaciones de drenajes, para evitar inundaciones, y de zonas del pavimento dañadas con el paso del tiempo, además de arreglos por problemas de erosión por pluviales mal encauzados. Las mejoras se realizarán en la zona entre A Barcala y la presa de Cecebre.
El proyecto incluirá el acondicionamiento de tres zonas de baño, anunció Mosqueira. Los tres puntos para el baño se situarán en una zona de A Telleira; en el merendero, cerca del embalse de Cecebre; y al lado del puente de la estación de Cambre, donde se incluirá mobiliario urbano, como papeleras. Las mejoras abarcarán también la rehabilitación de varias zonas de esparcimiento que existen a lo largo del paseo.
El director de Augas recordó que ya "se actúa de manera continua" en el entorno del Mero en Cambre y que de 2010 a 2013 se invirtieron en el mantenimiento de esa zona 186.000 euros, y desde 2013 hasta la actualidad, otros 106.000, aseguró. Mosqueira señaló que hace apenas una semana se terminó la retirada de atascos y madera muerta en el canal del río Mero, entre A Veiga (junto al embalse) y A Telva, lo que contó con una inversión de 55.000 euros.
El anuncio respondió a una pregunta de AGE ante el "deterioro" del río. La formación preguntó por planes para reformar y acondicionar el río y la senda peatonal.

lunes, 8 de septiembre de 2014


Con data do 5 de agosto, ESQUERDA UNIDA, presentou un escrito no concello  comunicando   a falta de seguridade e protección, dunha torre  eléctrica de media tensión ubicada no campo da festa de San Lourenzo.

A nosa organización, manifesta a súa satisfación ante a demanda para adoptar medidas correctoras para garantir a seguridade das persoas.