lunes, 28 de julio de 2014



Oleiros organiza un acto cívico en apoio ao pobo palestino

O Concello de Oleiros organiza un acto cívico en apoio ao pobo palestino. A concentración levarase a cabo no parque José Martí de Santa Cristina o vindeiro mércores día 30 a partir das 21 horas baixo o lema: Paremos ou xenocidio contra ou pobo palestino. 
Durante este acto de protesta e solidariedade intervirá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Ademais haberá unha actuación musical protagonizada pola cantante de orixe palestina Najla Shami e do músico brasileiro Sergio Tannus. 
O Goberno local de Oleiros mostra unha vez máis o seu apoio ao pobo palestino, que durante estes días sofre un novo episodio dentro do xenocidio continuado que o estado de Israel infrinxe con total impunidade desde fai décadas. Así mesmo, critica a permisividade da comunidade internacional ante a nova ofensiva sionista e apunta aos estados europeos como cómplices desta masacre contra o pobo palestino. Ademais, solicita a implicación inmediata da o comunidade internacional para poñer freo a esta devastadora ofensiva na franxa de Gaza.



lunes, 21 de julio de 2014

BROTHERS IN BAND TRIBUTE
DIRE STRAITS
ON THE NIGHT SHOW

Venres 22 de agosto de 2014, ás 22:30 h.
Campo da Feira de Cambre

  
Deputación da Coruña
Concello de Cambre


viernes, 18 de julio de 2014





INICIATIVAS PLENO E COMISIÓNS: MES DE XULLO


MOCION REXEITANDO O SISTEMA AUTOMATICO DE CITA ATENCION PRIMARIA TELEFONICA DO SERGAS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A privatización e deshumanización da Sanidade é unha realidade que xa non admite ningún tipo de dúbida.
        
O dano que o Partido Popular lle está facendo ó sistema sanitario é dunha envergadura tal que se ten convertido na única meta do actual Goberno, que queda de manifesto, según as propias afirmacións dos  Conselleiros de Sanidade de diferentes Comunidades, en múltiples ocasións, declarando a súa vontade privatizadora da Sanidade Pública.
        
Somos testemuñas de declaracións tan clarificadoras como as de Fernandez-Lasquetti, ó que lle "preocupa un sistema sanitario con funcionarios vitalicios” ós que non pode manexar á súa vontade, ou as de Rocío Mosquera, manifestando a "necesidade de laboralizar ó persoal sanitario."
        
Preocúpalle moito ó PP que un médico que non debería ter que ocuparse mais que de exercer a súa profesión, non teña que rendir contas a ninguén mais que ós seus pacientes, que non teña que pensar no custe económico dun tratamento, que a súa profesión e vocación non dependa dunha conta de perdas e ganancias.
        
A orientación do PP non é outra que instaurar un sistema no que cada un se pague a sanidade que poida e deixar as partidas orzamentarias para as cousas que consideran moito mais importantes que a sanidade e que     a saúde, tales como pagar a unha lexión de políticos e asesores ou manter o Senado ou as Deputacións.
        
A sanidade está sendo tan prostituída que as faltas de respeto polos doentes en particular e polos usuarios en xeral chega a tocar todos os ámbitos, incluído o tema que prantexa a presente iniciativa.
        
Despois do fracaso do intento de instaurar un 902 como único número de teléfono para solicitar cita,  provocado polas múltiples protestas que dita medida suscitou, actualmente, o sistema automático de cita  telefónica do Sergas, segue a ser unha imposición que provoca situacións indesexables entre doentes que solicitan unha cita médica.

EU de Cambre, iniciou unha campaña de recollida de sinaturas moi exitosa e significativa, por dous motivos básicamente; o primeiro deles, pola cantidade de firmas recollidas e o segundo polas conversas mantidas cos veciños en relación a este tema. Como consecuencia de ditas conversas atopámonos con xente moi descontenta, veciños que non son capaces de pedir unha cita dende a súa casa, persoas que, atopándose nunha situación de saúde delicada, teñen que discernir argucias para enganar a un contestador e conseguir que os atenda persoal sanitario do centro. Actualmente temos recollidas 1.038 firmas, cifra moi significativa, se a comparamos co total da poboación de Cambre ou co número de votos acadados polo PP nas eleccións europeas.

Non só EU de Cambre recollemos sinaturas; ante o rexistro central do SERGAS hai presentadas case 7000 mais, correspondentes a área sanitaria da Coruña. Sobra decir, que o PP fixo caso omiso a dita recollida de sinaturas, ignorando, que detrás de cada unha delas hai un doente descontento, desatendido e ignorado polos seus gobernantes.

Como en tantas outras ocasións o PP non se deixa amedrentar porque a xente manifeste o seu descontento en forma de mareas blancas, protestas, manifestacións, ou sinaturas. O proceso devastador de mercantilización da sanidade, para enriquecer o peto das empresas que van xestionar os servizos sanitarios, non se vai ver oscurecida porque os doentes  non poidan pedir unha cita telefónica para acudir ó seu médico.

Non pode ser que deixen de beneficiarse desta privatización persoas do PP como o marido de Rocío Mosquera, Agustín Hernández, José Manuel Romay Beccaría, Enrique Castellón, Ana Palacio, Rosario Cospedal e un longo etcétera dos auténticos beneficiarios da sanidade, políticos que teñen a reventar os seus petos a costa da saúde dos cidadáns e do aniquilamento do actual sistema de garantías sanitario.

Enténdese dita obsesión por privatizar a sanidade,  se recordamos os 57.000 millóns de euros que se destinan á saúde según os orzamentos de 2014, e que a codicia do PP non vai permitir que se invistan en saúde senón en enriquecer empresas privadas coa excusa de externalizar servizos, a través dunha estratexia para facerse con todos eses miles de millóns de euros que o Estado destina a sanidade.

A súa codicia chega tan lonxe que o que ata o de agora era un trámite sinxelo e doado para os doentes, tal como, chamar ó seu centro e que o persoal do centro atendera a chamada e lle dera cita, e poidera preguntar se había sitio nunha franxa ou outra, converteuse nunha odisea na que é necesario dar correctamente 14 pasos sucesivos para obter a citación.

Esto é así porque é un servizo que foi adxudicado á empresa INDRA, que era unha empresa pública privatizada por Aznar e Rato. Posteriormente Rato pasou a ser o seu principal accionista. Tralo crack de Bankia, INDRA tamén foi saneada con diñeiro público, pero segue en posesión da xestión privada, millonaria, da historia clínica electrónica e da receita electrónica.

Este acceso por unha empresa privada ós datos dos pacientes, supón, ademáis, unha desprotección de datos persoais, que se fan moi interesantes para centros sanitarios privados vinculados a compañías aseguradoras.

Rato, por outra parte, forma parte do Consello asesor de Telefónica, empresa privatizada por él e Aznar e que actualmente controla as telecomunicacións do SERGAS. Casualmente, o SERGAS, acaba de adxudicar á UTE, INDRA-TELEFONICA o servizo de Hogar Digital Asistencia , que, de entrada supón 45.000.000 de euros mais para as empresas privatizadas por Aznar e Rato.

Con todo isto, e a efectos prácticos, de cada 10 chamadas, 4 non conseguen finalizar o proceso. 4 doentes de cada 10, non poden pedir cita telefónicamente. E moitísimos deses doentes son persoas maiores, que viven no rural, e que si se lles elimina a posibilidade de pedir cita telefónicamente, están condenado a  desplazarse ó centro de saúde a primeira hora da mañán para ser atendidos persoalmente. Así é que os  centros de atención primaria están cheos de xente a primeira hora para poder solicitar a tan ansiada cita.

No caso de Cambre, temos aproximadamente 4.500 veciños maiores de 60 anos, que supón un 20% do total da poboación cambresa. 1 de cada 5 veciños de Cambre, son, por tanto, susceptibles de non poder conseguir unha cita telefónica nun primeiro intento, de xeito que estamos condeando ós nosos veciños a depender dun familiar ou a desplazarse ó centro de saúde. A administración en lugar de facilitar as xestións, as complica e condena ós doentes, sacrificio necesario para poder enriquecerse.

Entendemos que 57.000 millóns de euros é unha cantidade que a avaricia, codicia e malignidade dos membros do PP non poden deixar escapar, pero a nosa labor é defender a sanidade pública dos grandes depredadores que están sacrificando a vida, a saúde,  a comodidade e a calidade de vida de doentes, para enriquecerse a costa de xente con enfermidades e un estado de saúde, en moitas ocasións, moi delicado.

En base ó anteriormente exposto o Grupo Municipal de EU propón ó Pleno da Corporación os seguintes,

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Esixir á Consellería de Sanidade que retire o servizo de contestador para solicitar cita en atención primaria, retornando ó sistema de atención e cita telefónica polo persoal do centro, levado a cabo por persoal funcionario do SERGAS. Acompañarase ó texto da presente moción as sinaturas acadadas, e serán remitidas xunto co presente acordo á Consellería de Sanidade.

SEGUNDO.- Dar traslado da presente Moción e dos acordos acadados aos coordinadores e responsables dos Centros de Saúde de Cambre.


MOCIÓN EN DEFENSA DO POBO PALESTINO E DE CONDENA Á AGRESIÓN BÉLICA DE ISRAEL.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Co pretexto do secuestro e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das colonias en Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha vez máis outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina encerrada na Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias, os lemas racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos medios e nas rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente palestino que foi queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1 de xullo.

O martes 7 de xullo, Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a Franxa de Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.

Os bombardeos foron constantes e sacudiron día e noite todo o territorio da Franxa de Gaza. Os brancos do Exército israelí foron os barrios máis poboados, golpeando centos de casas, hospitais, ambulancias, unha mesquita á hora do rezo, un hospital xeriátrico, un centro destinado ao coidado de persoas discapacitadas, o sistema de saneamento e de distribución de auga, etc. Foron asasinadas cruelmente até a data, medio milleiro de persoas, un 80 por cento delas nenos e nenas, mulleres e persoas maiores. Milleiros de persoas feridas e centos de miles de desprazadas.

A Franxa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo e unha operación de bombardeo masivo non pode supor outra cousa que o xenocidio de poboación inocente. Unha vez máis o Estado de Israel está a demostrar o seu carácter de Estado terrorista cun  dos exércitos máis poderosos do planeta, armado pola artillaría e coa impunidade e o silencio dunha comunidade internacional e uns organismos de dereitos humanos que só alzan a súa voz e actúan en defensa dos verdugos. Parécenos extraordinariamente grave que a comunidade internacional (EE.UU. e os países da Unión Europea, España incluída) permita ao goberno de Israel este tipo de comportamentos criminais.

Como en todos os conflitos do mundo, a solución ao conflito entre o estado de Israel e o pobo palestino virá pola vía do diálogo e a negociación, como reivindicaron desde o pobo palestino miles de veces.


Pola súa banda, o Consello de Seguridade da ONU chamou a israelís e palestinos a restaurar o cese do fogo e a protexer á poboación civil en cumprimento da lexislación humanitaria internacional, faino cando xa morreron máis de 200 palestinos e palestinas nos últimos ataques.

Con todo Israel négase a acatar as resolucións internacionais e a respectar os dereitos humanos máis elementais da poboación palestina. A construción do muro en Cisxordania e o bloqueo de Gaza, que dura máis anos, supoñen castigos colectivos para o conxunto da poboación palestina.

Por todo iso, o Pleno do Concello de Cambre  adopta os seguintes ACORDOS:

1º.- Este Concello mostra a súa máis rotunda condena á agresión do Goberno de Israel ao pobo palestino.

2º.- Instar o Goberno español que condene o ataque e que rompan todas as relacións con Israel.

3º.- Instar á ONU a que poñan ao Estado de Palestina baixo a protección internacional.

4º.- Instar á ONU crear  unha comisión de investigación sobre os bombardeos israelís en Gaza.

5º.- Esixir ao Goberno de Israel para que en cumprimento  da resolución 242 C.S. da ONU, 22 de novembro de 1967 proceda ao retiro militar dos territorios árabes ocupados a Palestina incluíndo Xerusalén Este, as alturas do Golán de Siria e o Sinaí de Exipto; fixando as súas fronteiras internacionais.

6º.-  Esixir o derrubo do muro  e que se reparen os danos ocasionados polo bloqueo.

7º.- Promover desde o Concello unha campaña de axuda de emerxencia para paliar a situación que se está vivindo na franxa de Gaza, atendendo así ao chamamento de Cruz Vermella para pedir axuda humanitaria.

8º.- Dar traslado dos acordos ao Presidente do Goberno, ao Ministro de Exteriores, ao embaixador israelí, a todos os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados.


 ROGOS:


1.- Despois de tres anos de lexislatura, o Goberno municipal, segue a abonar mensualmente importantes cantidades de diñero a empresas sen contrato. Ano tras ano, intervención segue facendo reparos ás facturas relativas ás contratacións en precario. Ano tras ano, EU requerimos ó Goberno municipal para que solvente esta situación que está a perxudicar moito ós veciños de Cambre, e ano tras ano, non obtemos resposta sobre as xestións realizadas para regularizar as contratacións en precario.

-PREGAMOS, se nos informe por qué motivo aínda non se nos ten entregada a relación das empresas que prestan servizos en precario no Concello de Cambre, solicitada en Marzo de 2014 así como o número, nome e situación de todas e cada unha das empresas que prestan os seus servizos ó Concello sen contrato, e cada un dos trámites realizados para regularizar a contratación de ditas empresas.

2.- No transcurso da Lexislatura,  o Grupo municipal de EU ten presentado múltiples iniciativas  en relación a seguridade viaria no concello,  mais concretamente  aos problemas existentes derivados da carencia ou mala ubicación dos pasos de peóns.

Neste caso vamos a referirnos o paso de peóns ubicado nas inmediacións da Ponte en Cela, en confluencia coa senda peonil do rio Mero, un dos lugares de importante tránsitito peonil  e de ciclistas.

-Visto o risco que comporta a situación plantexada para a seguridade viaria das persoas que transitan por dito lugar, PREGAMOS, que coa maior urxencia, o Goberno do concello, e mais concretamente a concellería de Obras e Servizos,  proceda a tomar as medidas correctoras técnicamente posibles, para trasladar a súa ubicación co fin de   incrementar e mellorar a situación de accesibilidade  e seguridade  das persoas.

3.- No Pleno de Decembro de 2013, solicitamos se nos informara acerca do incumprimento dunha moción do GM de EU pola que se acordou publicar na web do Concello as declaracións de bens e actividades dos membros da Corporación Municipal. O Alcalde comprometeuse, nese Pleno, a publicar inmediatamente, no plazo dunha semana as citadas declaracións. Transcurridos 6 meses desde dito compromiso e 15 dende a aprobación da moción, non están publicadas nin as declaracións de bens e actividades, nin o Alcalde, novamente cumple as súas promesas nin palabras.
En base ó anteriormente exposto

-PREGAMOS,  nos informe o motivo real polo que o Goberno non da cumprimento, entre outros , a este acordo, aprobado democrática e legalmente polo Pleno desta Corporación, e esiximos se lle de cuprimento e se publique inmediatamente.


PREGUNTAS:

1.- As rúas Martin Codax, Abeleira e Estanque presentan un importante estado de deterioro e abandono dende fai moitos anos, motivo polo que o Grupo de EU ten requerido o Goberno para solucionar o problema.

Por este motivo, veciñ@s dos lugares recolleron e entregaron no rexistro do concello centos de firmas, solicitando a urbanización e acondicionamento das mencionadas rúas.

-Poden informarnos da situación do proxecto de urbanización e dos prazos previstos para o seu arranxo?





2.- Unha boa parte da estrada de Fraiz a Espiritu Santo, soporta unha importante circulación de tráfico rodado e carece de alumeado público.

-Pode informarnos o Goberno si ten presentado  algún proxecto ou iniciativa ante a Deputación provincial para a dotación deste servizo?

3.- A Xunta concedeu 277.000 euros ó Consorcio de As Mariñas para un proxecto de eficiencia enerxética, polo que se pretende financiar a
renovación do alumeado público nos concellos participantes.

-¿Poden informarnos sobre cómo revertirá este proxecto en Cambre?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- Na rúa Estanque existe un cuadro eléctrico que permanece aberto a unha altura de 50  centimetros sobre a beirarrúa, sin ningún tipo de protección nin advertencia de perigro para as personas que circulan polo lugar, quedando o alcance dos nen@s.

-EU, solicita  se tomen as medidas correctoras necesarias para proceder a  ubicación axeitada, dita actuación  se faga extensible en todo o concello onde se observen estes problemas de evidente perigro. 






PREGUNTAS:

1.- Na actualidade segue sen estar aberto ó publico o parque infantil situado nunha praza interior   na rúa da Tapia correspondente a UE-23.

-¿Cal é o motivo ou motivos   que impiden que os veciños non poidan facer uso de ditas instalacións?
   
2.- Un veciño de Cambre, leva mais de tres anos solicitando e reclamando mediante escritos, que por parte do concello se procedera a localizar o propietario da finca colindante a súa, co fin de proceder a limpeza da maleza que invade parcialmente a propiedade.

-No pasado mes de xuño operarios dunha empresa que traballa para o concello, desbrozou parte da vexetación.

-Poden informarnos do motivo que impediu realizar os traballos según indicacións do Goberno?

         

                                                  Xullo 2014
                                     Asdo: Grupo Municipal

A/A CONSELLERÍA DE SANIDADE  XUNTA DE GALICIA


RECOLLIDA DE SINATURAS POR UN SERVIZO PERSOAL DE PETICIÓN DE CITA NOS CENTROS DE SAÚDE.

Por medio do presente, os abaixo asinantes queremos manifestar o noso rexeitamento pola imposición por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia,  do actual sistema de contestador automático, para solicitude de cita previa nos Centros de Saúde.

SOLICITAMOS tomen en consideración esta queixa cidadá e procedan a mudar o sistema de solicitude de cita previa que nos están impoñendo dende a Consellería de Sanidade, e se retorne á atención telefónica directa polo persoal dos centros de saúde.
                          


                               En Cambre, a  26 de xullo de 2014




O deputado de AGE Manuel Fajardo, visita a nosa localidade para coñecer 
de primeira man os problemas no paseo fluvial do río Mero e acondicionamento de zonas de baño e recreo, a seguridade na estrada que une Cambre e Guísamo e mais o cerramento do colexio Portofaro, co fin de presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para dar soluccións as demandas da cidadanía e do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre.

martes, 15 de julio de 2014


HOMENAXE A JOSÉ LUIS MURUZÁBAL
                                15 DE XULLO DE 2014



           
             

lunes, 14 de julio de 2014










        A Coordinadora Galega pola Paz, unha rede da sociedade civil nacida con motivo da guerra de Irak en 2001, formada por ONGs, fundacións, partidos políticos e sindicatos, de carácter aberto e plural, quere manifestar publicamente o seu rexeitamento máis absoluto das accións xenocidas do goberno sionista de Israel en contra do pobo palestino, particularmente, en contra da poboación civil da franxa de Gaza.

        Estamos diante da enésima violación da legalidade internacional e dos dereitos humanos máis elementais por parte do goberno israelí, nesta ocasión,  contra dun territorio ilegalmente aillado e bloqueado no que viven millóns de persoas, un auténtico campo de concentración sometido periodicamente a accións militares unilaterais e desproporcionadas por parte dun Estado terrorista que provoca numerosas víctimas inocentes, especialmente, mulleres, anciáns e nenos.

        Ademais dos ataques con tódolos medios dunha poderosísima maquinaria de morte, misís, avións, drons, asasinatos selectivos… ábrese agora a posibilidade dunha nova intervención militar terrestre israelí saltándose, de novo, as resolucións das Nacións Unidas e o dereito humanitario o que amenaza con xeralizar a violencia, unha vez máis, en toda a rexión.

        Para a Coordinadora Galega pola Paz resulta imprescindible a presión da sociedade civil e da cidadanía, diante das súas propias institucións e das do goberno israelí co obxecto de impedir esta nova matanza, por iso facemos un chamamento á solidariedade para co pobo palestino, e de apoio ás súas xustas demandas de autodeterminación e creación dun Estado propio. Demandaremos declaracións de solidariedade e condena por parte do Parlamento Galego, do Estado e de Europa, así como dos Concellos, para remitir ó goberno israelí, á embaixada e os consulados de Israel en España.

        Convocaremos e apoiaremos cantas accións pacíficas e democráticas se realicen para rematar con esta escalada militar, para acadar un alto o fogo e o estricto cumprimento da legalidade internacional, as resolucións de Nacións Unidas e os dereitos humanos, así como unha solución negociada ó conflicto.

        Facemos un chamamento á comunidade internacional para que non permañeza por máis tempo calada, especialmente á UE, e para que propicie a mediación e o diálogo entre as partes por medio de sancións económicas e políticas contra do goberno israelí.

        Finalmente, a Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións unitarias diante dos concellos de Galicia o vindeiro Martes, día 15 de Xullo, ás 20:00 horas.

Coordinadora Galega pola Paz
Adega, Altermundo, Amarante, Anova, Asociación Chambo, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Recandea, CC.OO de Galicia, Colectivo Encontro Benestar, Compromiso por Galicia, Comunidade Palestina Galaico Arabe-Jenín, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, Equo, Espazo Ecosocialista Galego, EU-IU, Federación Ecoloxista Galega, Fete- Ugt, Foro Galego da Inmigración, Fundación Araguaney, Fundación 10 de Marzo, Fundación para a Igualdade María Xosé Arcos, Fundación Internacional Baltasar Garzón, Fundación Luís Tilve, Grupo de Obxección Fiscal Galega, INTERED- Galicia, INTERMON-OXFAM, Mocidade Nacionalista Galega, Movemento Rural Cristián, Mulleres Cristiás Galegas, Pola Esquerda, PSOE, Seminario Galego de Educación para a Paz, STEG, SLG-CC.LL, Sociedade Asociación de Amizade Galego Bolivariana Hugo Chávez, Solidariedade Internacional, UGT, Unión de Estudiantes Árabes, UU.AA., Voluntariado Social ROGAS, Verdegaia, Xuventudes Comunistas de Galicia, Xuventudes Socialistas de Galicia.

Para poñerse en contacto coa Coordinadora Galega pola Paz poden chamar ó: 981554053 ou dirixirse ó Seminario Galego de Educación para a Paz (Manolo Dios).


ROLDA DE PRENSA
LUNS, DIA 14 DE XULLO, AS 11:00 HORAS.
SALON RAHID, HOTEL ARAGUANEY

sábado, 12 de julio de 2014


La Opini&oacuten de A Coru&ntildeaCAMBRE

Esquerda Unida solicita al Concello el arreglo de varias calles de O Temple

12.07.2014 | 00:40
Manifestación, ayer, convocada por EU. la opinión
Manifestación, ayer, convocada por EU. la opinión
Esquerda Unida (EU) de Cambre denuncia la "ineficacia" del actual Gobierno municipal para gestionar los viales de O Temple. La formación indica que varias calles de la zona sufren el abandono del Concello y están sin asfaltar, con socavones y agujeros que ponen "en peligro a peatones y vehículos". EU convocó ayer una concentración en la calle Martín Códax para denunciarlo. También explica que ha presentado muchas iniciativas ante el Concello en las que denuncia esta situación de abandono, en la que el Gobierno local "hace oídos sordos" ante las quejas vecinales después de tres años de legislatura.
El diputado de AGE Juan Fajardo explicó el miércoles pasado en su visita al municipio que hay que mejorar la seguridad vial de la carretera AC-214 en el tramo que une Cambre con Pravio y el paseo fluvial del río Mero.

jueves, 10 de julio de 2014

miércoles, 9 de julio de 2014

... distingue a titulo postumo a jose luis muruzabal jose luis muruzabal 


ACTO HOMENAXA A JOSÉ LUIS MURUZABAL

O vindeiro martes 15 de xullo ás 12.00 horas na Praza da Ría, no Temple (Cambre) terá lugar unha homenaxe a José Luis Muruzábal Arlegui,

O acto conta co apoio unánime da Corporación Municipal de Cambre e ten un carácter unitario e aberto a toda a cidadanía.

Muruzábal foi unha persoa comprometida  no   relevante papel que xogou na  posta en marcha do movemento sindical e político durante la transición, así como pola su implicación nas iniciativas de carácter social.  En 1980 fundou a Asociación Pro Enfermos Mentales, da  que foi o seu  presidente e principal impulsor dende a  súa  creación.

Nos tempos   que vivimos, onde os ataques  os dereitos dos traballador@s son constantes, é imprescindible manter vivo o legado das persoas que nunca renunciaron os ideais de xustiza social e liberdade.

A loita e o traballo  de Muru sempre será semente de futuro.
                            

                              Esquerda Unida de Cambre  


martes, 8 de julio de 2014


INFORMACIÓN DO GRUPO

A petición do Grupo municipal de EU de Cambre, mañán mércores dia 9 as 17:00 horas, visitará a nosa localidade o compañeiro deputado de (AGE) Juan Fajardo, onde coñecerá de primeira man os problemas no paseo fluvial do río Mero, na estrada que une Cambre e Guísamo e mais no colexio Portofaro,  co fin de presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para dar soluccións os problemas demandadados pola cidadanía e polo Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Fajardo estará acompañado polos concelleir@s de EU e membros da organización, onde comprobaran no lugar os temas plantexados.

1)    Acondicionamento das ribeiras, e zonas de baño no paseo Flubial do rio Mero.
2)    Seguridade Viaria na estrada AC-214  (Cambre a Guisamo)
3)    Cerramento do Polideportivo do colexio Portofaro


                               Grupo Municipal de Esquerda Unida