domingo, 26 de marzo de 2017

RECORDATORIO ASAMBLEA COMARCAL. MAÑAN LUNS 27 ÁS 20H NA SEDE DE EU NA CORUÑA.

 A Asamblea contará coa seguinte orde do día

- Información (normas, calendario e resolución de dúbidas da próxima Asamblea Nacional). Pendente confirmar asistencia de algunha persoa da Executiva nacional.
- Diagnose interna (estrutura, acción política e conclusións)


Atentamente:o

René Gamborino e Pablo G. Novoa, Coordinación Local EU A Coruña
Juan Fc. Soler e Loreto Taibo, Coordinación Intercomarcal Cambre- Oleiros

Omar Ceveira, Coordinación Local EU Carballo

sábado, 18 de marzo de 2017


                                       VIA ARTABRA


"A Asamblea Cidadá de Cambre", en colaboración con Esquerda Unida,  informa de que pon a disposición da veciñanza un modelo de alegacións para aquelas persoas afectadas pola Vía Ártabra, tanto no local do Grupo Municipal no Parque Europa os xoves de 19h-21h como no local de EU Cambre na Rua Constitución Nº.3 no Temple os martes e venres de 18h-20h.


Ademais, segundo xa foi comunicado, En Marea levará proximamente a Comisión do Parlamento de Galicia, a pregunta da Vía Ártabra que xa se atopa rexistrada."


                                                         A MESA DO PARLAMENTO


O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seu deputado Antón Sánchez García e ao abeiro do artigo 155 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno, en relación ao proxecto de construción da Vía Ártabra.

Segundo o publicado no  DOG Núm. 27 do Mércores, 8 de febreiro de 2017, en relación o ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Vía Ártabra, treito: N-VI – AP-9, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/04/156.01.4.1).

Existen dúbidas debido as manifestacións contraditorias realizadas polo Goberno do concello de Cambre e responsables da Xunta de Galicia; respecto a  "unha área de peaxe" no lugar de A Gandara-Armental na parroquia de Pravio (Cambre), contemplado na memoria do proxecto.  Responsables da Xunta de Galicia, manifestan que  nos planos da planta de esta futura infraestrutura non figura, polo que  a Consellería de Infraestruturas insiste  en que o documento, salvo error, non contempla o dito  peaxe. Tampouco levará área de servizo nin descanso.

Por este motivo o noso Grupo Parlamentar presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno:

-Poden informarnos si na área mencionada de enlace do vial da Vía ártabra coa autoestrada AP-9, no lugar de A Gandara-Armental en Pravio, vai estar dotada de un área de peaxe, e si o servizo será gratuíto?

                                          Resultado de imagen de via artabra



miércoles, 15 de marzo de 2017

Este luns celebramos na sede de EU no Temple unha nova xornada de formación. Esta vez sobre feminismo  coa compañera Eva Solla. Ainda  queda mucho por facer e a pedagogxa e algo fundamental para conquerir  unha sociedade mais xusta e igualitaria.


"As mulleres cobramos un 23% menos, e isto tamén repercute nas nosas pensións, que son un 34% máis baixas", critica a deputada. "A protagonista da loita feminista é a muller. E hai moito que facer en todos os eidos, como o laboral ou sanitario, por exemplo", sinalou.


La imagen puede contener: 6 personas, personas sentadas

La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas e interior




martes, 14 de marzo de 2017


COMPAÑEIR@ DE CC.OO (CC.MM) NA ENTREGA DOS                  PREMIOS 10 DE MARZO EN COMPOSTELA



viernes, 10 de marzo de 2017


  




Esquerda Unida únese aos actos de Ferrol e A Coruña no Día da Clase Obreira Galega



Esquerda Unida lembra un ano máis, o 10 de marzo de 1972, cando eran asasinados a mans fascistas os compañeiros Amador Rey e Daniel Niebla mentres defendían os dereitos dos traballadores dos estaleiros públicos de Ferrol.
Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nas mobilizacións e actos convocadas polos sindicatos en Ferrol, a ofrenda floral no Monumento 10 de Marzo e a Manifestación do Día da Clase Obreira Galega, co fin de honrar a memoria dos compañeiros asasinados a mans fascistas no ano 1972, Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros públicos ferroláns.
Para que estas mortes non caian no esquecemento, é imprescindible seguir a lembrar a súa memoria, facendo que os seus valores impregnen os nosos actos e as nosas conciencias, tal como fixo nos seus versos Rafael Bárez, militante do Partido Comunista e concelleiro do PCG na Coruña, que foi encarcerado no cárcere coruñés durante nove meses polo seu papel como avogado laboralista nestes históricos e cruentos sucesos e que hoxe se lle renderá homenaxe hoxe ás 20 horas no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

  


NO DIA DE ONTE LEMBRANDO A RAFAEL  BAREZ

                            Cambre 1945, A Coruña 1996

                                         img_20151104_151936




                                           La imagen puede contener: texto







                                    La imagen puede contener: una persona, multitud e interior